2.- Contidos dixitais

Qué son?

Os contidos educativos dixitais son materiais multimedia dixitais variados, que serán educativos sempre e cando proporcionen unha cantidade de coñecimento, sexan accesible dende calquera plataforma e doados de atopar.

Pódese dicir que os contidos educativos dixitais deben ser útiles en ambientes de aprendizaxe tanto presenciais como virtuais, ademáis deben facilitar e apoiar o labor docente, ao tempo que deben xerar curiosidade pola autoaprendizaxe dos alumnos.

Os contidos dixitais educativos poden ser secuencias didácticas, simuladores, titoriais, animacións, vídeos; pero tamén documentos, imaxes, infografías, entre outros, sempre que sirvan de apoio para o proceso ensino-aprendizaxe dun tema.

Ante estas características, a función dos repositorios convírtese en fundamental. Un lugar onde os contidos están organizados (como nunha biblioteca) e podemos atopalos con maior rapidez e coa seguridade de que son axeitados aos nosos obxectivos.

A rede está chea de fantásticos contidos dixitais educativos, pero desperdigados por blogs persoais e outros lugares, o que nos pode levar a navegar sen rumbo pola rede durante horas ata atopar, ou non, o que precisamos.

Os contidos dixitais educativos podemos adoptalos, adaptalos ou crealos.

Nesta sesión imos adicarnos a buscalos para adoptalos.