2.1- Repositorio Abalar

Que é?

Abalar é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Abalar inclúe e integra todas as iniciativas no ámbito educativo, xuntando os esforzos cara á modernización e mellora da educación como parte da estratexia transversal de promoción das TIC.

Abalar recolle, suma e incrementa os recursos existentes para acadar a resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación dos nosos nenos na sociedade dixital do século XXI.

Abalar organiza os recursos existentes cara a acadar o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes nuns centros educativos cada vez máis preparados tecnolóxicamente.

(Fonte: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/proxecto-abalar/introducion)

Así, o Repositorio Abalar é un almacén de recursos, producidos entre todos, no que podemos buscar aquel contido que se axeite á nosa programación de aula.


¿Como funciona?

A pantalla de inicio.

         - Axudas de busca.

        Na páxina de inicio, na columna da esquerda atopamos “Axudas de busca”.

        - Corpo central: Aparecen as últimas incorporacións de contidos dentro deste espazo, por defecto, ordenadas por data. Podemos tamén ordenalas en función das recomendacións.

        - Na columna de esquerda reflíctense cales son os contidos máis descargados, ou ben os máis recomendados.

        Analicemos o uso do cadro “Axuda de busca”.

Na figura 1 podemos observar os campos que nos permitirán definir a busca do noso contido.

 O campo “Buscar en título” permítenos introducir unha ou varias palabras que nos acheguen ao centro de interese que precisamos traballar; por exemplo: auga, decimais, universo,...

 Se non centramos máis a busca, podemos perdernos recursos que non inclúen esa palabra clave no seu nome, é dicir, que o título non fai referencia ao seu contido dun xeito directo.

 Por exemplo: “Ara y Belbo” unha actividade interactiva para Educación Infantil, ou “Time out”, un LIM para 3º da ESO, que xira arredor do ocio e o tempo libre e pode traballarse dende diversas áreas.

 Os campos “dende... Ata”, “Idioma”, “Ensinanza”, “Curso” e “Materia”  son doados de entender.

Parémonos no campo “Tipo de recurso” (Figura 2). Cando abrimos a pestana atopamos un listado con termos dos que probablemente coñezades a maioría senón todos. Para asegurarnos de que non queda nada atrás, presentamos un glosario no que se dá unha pequena definición de cada recurso. Neste itinerario oiredes falar dalgúns deles, pero en niveis superiores trataranse máis  polo miúdo.

Actividades interactivas: aquelas que permiten unha “interacción” entre o ordenador, o EDI, o móbil, o tablet,... e o usuario. Éste non é un mero observador, senón que é preciso da súa intervención e acción para que a actividade cumpla cos seus obxectivos.

 

fai clic na imaxe para acceder ao recurso 

 

Caza do Tesouro: É a actividade didáctica máis coñecida, xunto coas webquests e as miniquests, entre o profesorado que utiliza internet nas súas clases. Básicamente, é unha páxina web, na que aparecen unha serie de preguntas e unha lista de ligazóns nas que o alumnado debe buscar as respostas a esas preguntas. Ás veces pode incluír “a gran pregunta”, unha pregunta final da que non se da a resposta directa, senón que esixe relacionar e integrar o descuberto durante a busca.

fai clic na imaxe para acceder ao recurso

Webquest: unha webquest é unha actividade estructurada e guiada que permite traballar con internet, presentando os obxectivos, as actividades, os recursos e as consignas de traballo moi ben definidas. Aínda que en algún dos itinerarios seguintes se falará sobre este tema, sería interesante que amplíarades esta información, xa que as webquests representan unha das técnicas principais de uso e integración da Internet na aula.

Por exemplo:

fai clic na imaxe para acceder ao recurso 

 

Se queres aprender máis sobre as webquest visita:   http://platea.pntic.mec.es/erodri1/QUE%20ES.htm

Miniquest: Versión reducida das webquest, xeralmente con só tres procesos: escenario, tarefa e producto.

Por exemplo:
fai clic na imaxe para acceder ao recurso  

NOTA: Cada recurso só se pode etiquetar nunha categoría. Incluso a lingua, a pesares de que poida ser un recurso bilingüe. Por eso, é aconsellable facer varias buscas cambiando algunha das categorías.

Unha vez que escollemos as etiquetas que nos interesan e lle damos ao botón “Filtrar”, no corpo central aparecerán os recursos que cumplen as condicións que temos pedido con anterioridade.

Para descubrir que opcións temos, imos facelo seguindo un exemplo.

No buscador, na categoría Materia, escollemos NEAE (Necesidades específicas de apoio educativo) e dámoslle ao botón Filtrar. Teremos diante a seguinte pantalla:

 

 

Observamos que aparecen só catro recursos, cada un deles cuns datos básicos: nivel educativo, data de subida ao repositorio, título, unha pequena descrición e outros que veremos a continuación.  Escollemos o que nos poida interesar e observamos que, ao colocar o rato sobre o título (azul), o cursor convírtese nunha man e o título actívase. Facemos clic sobre el e atoparemos a seguinte páxina.

Vexamos a barra que aparece debaixo do título:

   Sabemos cantas veces foi visitado ese recurso.

   Podemos calificar o recurso: malo, regular, bó, moi bó, xenial, 6/6. Colocando o cursor do rato sobre cada unha das barras que aparecen á veira da palabra Vota, aparecerán estas palabras e ao clicar daremos a nosa puntuación.

   En Resultado, iranse amosando os resultados das votacións.

  Opción Visualizar. Podemos ver na web o recurso.

   Opción Descargar. Para gardalo no noso ordenador ou no USB, e traballar sen necesidade da conexión á internet.