1.- Introdución

As TIC e as competencias.

 

As competencias básicas refírense ao desenvolvemento das nosas capacidades para resolver problemas ou situacións que a vida nos vai poñendo diante, sendo quen de adaptarnos ao contexto no que se producen.

No mundo global no que nos movemos, o coñecemento é amplo, as informacións están distribuidas en multitude de medios e plataformas e crecen dun xeito acelerado.

É preciso aprender (nós) e ensinarlle ao alumnado os medios de búsqueda de información de calidade, así como os camiños para procesala, organizala, relacionala e transformala en coñecemento útil para cada un.

Das oito competencias básicas, catro están directamente relacionadas coas Novas Tecnoloxías:

                    A competencia lingüística.

                    Tratamento da información e competencia dixital.

                    Aprender a aprender.

                    Competencia social e cidadá.

 

 Non cabe dúbida da necesidade de integrar as TiC no traballo diario de aula. ¿Ou sí?

 

As tres grandes razóns das TIC na aula: (fai clic enriba para ir pasando a presentación)

 

Trátase de que as TICs sexan un medio para aprender ao longo de toda a vida, de que nos permitan preparar aos nosos alumnos e alumnas a seleccionar, valorar, criticar, desbotar e utilizar axeitadamente toda a información á que teñen acceso.

A introducción das TICs na aula teñen, pois, moitas vantaxes, aínda que é preciso ter en conta que todo esto vai acompañado de inconvenientes, para os que debemos estar preparados.

Vantaxes e inconvenientes do uso das TICs na aula 

 

No artigo de Pere Màrques que podemos ler na ligazón da presentación, temos información ampliada sobre as vantaxes e inconvenientes das TIC na aula, dende a perspectiva do profesorado, do alumnado e dos centros.