6.- Para saber máis

Calc ofrece un montón de posibilidades e opcións que non son moi doadas de abarcar. Tampouco debe ser este un obxectivo, senón que debe ser unha ferramenta útil e proveitosa nas nosas tarefas docentes e didácticas

Outra desas ferramentas son os gráficos, que permiten unha visión máis clara e, ás  veces, rápida do datos cos que traballamos. Calc fainos automaticamente, polo que, unha vez inseridos os datos necesarios, podemos facelos na Barra de menú – Inserir – Gráfica ou directamente, utilizando o botón correspondente da Barra de ferramentas estándar:

Nas seguintes ligazóns podemos atopar manuais de axuda interesantes e claros:

1.- Curso “Utilización da folla de cálculo. Calc” na Aula Virtual do CAFI.

http://www.edu.xunta.es/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=155

2.- Curso do ITE, con dous módulos en particular moi interesantes, un sobre Aplicacións didácticas e outro sobre Aplicacións docentes. Pódese visualizar online ou ben descargalo en pdf.

http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/55/cd/indice.htm

3.- Guía completa do Libreoffice Calc (en inglés)

https://wiki.documentfoundation.org/images/b/b7/CG34-CalcGuideLO.pdf