4.5- Sons

Si decidimos inserir un son durante a presentación, seleccionaremos un da lista de sons que provee Impress

 

 

Se activamos a casiña Repetir ata o seguinte, o son repetirase continuamente ata que teña que escoitarse o seguinte son seleccionado. Se non hai outro son, o seleccionado ao inicio sonará continuamente ata o final.

            Pode ocurrir que non nos guste ningún dos sons incluídos en Impress, ou que queiramos que sone unha canción ao longo da nosa presentación:

            1.- Seleccionamos a diapositiva onde queremos que comece a sonar o son ou canción.

            2.- No menú despregable de son, escollemos Outro son... Abrirase unha ventana para buscar a ubicación da canción desexada e seleccionala.

            3.- ATENCIÓN: Non faremos clic sobre Aplicar a toda as diapositivas; se o facemos, o son ou canción elexida comezará de novo en cada diapositiva.

 

MOI IMPORTANTE: O arquivo de son vai ligado á presentación, non incrustado. Esto quere dicir que se imos expoñer a presentación nun ordenador diferente, deberemos gardar este arquivo de son xunto coa presentación e probalo antes de comezar, por si é preciso restablecer a ligazón.