4.2- Transicións

* Transicións.

 Os efectos de transición refírese aos efectos para animar o paso dunha diapositiva a outra. O procedemento para aplicar unha transición é o mesmo que para aplicar efectos de animación sobre os obxectos e podemos aplicalo a toda a presentación ou a un grupo de diapositivas seleccionadas. Sigamos os pasos necesarios:

1) No Panel de Tarefas, escollemos

            Para elo, no Panel de tarefas debemos despregar o subpanel Transición de diapositivas.

 

 

 

2)  No Panel de diapositivas seleccionamos a diapositiva ou diapositivas ás que queremos engadirlle unha transición. Si queremos a mesma transición para todas as diapositivas, non seleccionamos ningunha.

3)  Na lista de transicións, escollemos a que queremos.

 

 

4)   Podemos modificar a transición seleccionada cambiando a velocidade e/ou engadindo un son, no apartado Modificar transición.

NOTA: Ao final desta sección temos un apartado específico sobre a inserción de sons

 

 

5) Seleccionamos como avanzar á seguinte diapositiva: manual(cun clic de rato) ou automáticamente. Se escollemos automáticamente, debemos especificar canto tempo estará visible cada diapositiva antes de avanzar automáticamente ata a seguinte.

NOTA: Ao final desta sección temos un apartado específico sobre a configuración do tempo.

 


 

 

 

5)  Se optamos pola mesma transición para tódalas diapositivas, faremos clic sobre o botón

6) Agora, só nos queda utilizar os botóns de Reproducir ou o de Presentación de diapositivas, para ver o resultado obtido.

 


 

7)                 Agora, só nos queda utilizar os botóns de Reproducir ou o de Presentación de diapositivas, para ver o resultado obtido.