4.1- Animacións personalizadas

            Imos ao Panel de Tarefas – Animación personalizada e facemos clic. Abrirase unha nova zona de traballo, na que poderemos Engadir, Cambiar ou Retirar un efecto. Nun principio, estes botóns non están activos; é preciso seleccionar algún elemento da diapositiva para poder traballar. Tamén é aconsellable ter activada a casiña Previsualización automática, xa que así veremos ao instante o efecto que se produce.

A mellor maneira de coñecer os efectos é probalos todos. Aquí non o imos facer pero será un bó exercicio para coller práctica co Impress. De tódolos xeitos, introduciremos algún na nosa presentación. Vexamos como: 

En resumo:

  Para cada animación, deberemos escoller o efecto (ou efectos, xa que podemos encadear varios), a velocidade e o momento no que queremos iniciar ese efecto.