3.- Comezamos!!
Cando nos plantexamos a creación dunha presentación, debemos ter claro que queremos e como o imos facer. Nesta primeira aproximación non seremos demasiado ambiciosos e veremos como realizar unha sinxela presentación con imaxes e texto (por exemplo unha colección de “monumentos do mundo”, “animais en perigo de extinción”, … pensade nun tema que vos interese)
* Asistente de presentacións.
Ao abrir Impress, sobre todo por primeira vez, aparecerá o Asistente de presentacións
Se non aparece, podedes buscalo na Barra de menús – Ficheiro – Asistentes – Presentación.
COMEZAMOS!!!
No paso 1 do Asistente de presentacións, en Tipo, escolle Presentación vacía. Fai clic no botón Seguinte. Aparecerá esta ventana.
No
paso 2 temos dúas opcións principais: Fondos para presentacións e Presentacións.
Cada unha delas ten unha lista de opcións. A opción <Orixinal> abre un
deseño en blanco.
Se tes activada a opción Vista previa poderás ir vendo na ventana superior o aspecto do deseño escollido. Cando estemos listos, prememos o botón Seguinte. Non hai problema se non estás convencido ou convencida, máis adiante poderás cambiar o que non che guste.
Xa estamos no paso 3.
En Seleccione a transición de diapositiva, ao abrir o menú despregable Efecto, podes observar tódalas opcións e previsualizar o efecto. Así mesmo, podes seleccionar a velocidade á que queres que suceda ese efecto: lento, medio, rápido.
Para a nosa primeira presentación, escolleremos Sen efecto e velocidade Media.
En Seleccione o tipo de presentación deixaremos marcada a opción Predeterminada. Para escoller a opción Automático, xa deberíamos ter moi claros todos os parámetros cos que queremos que funcione a nosa presentación.
Xeralmente, ao principio non é así; tampouco hai problema, porque todo esto podemos engadilo posteriormente.
Facemos clic no botón Crear. Xa temos unha nova presentación.