2.- Pantalla principal
*Abrir Impress.
Para abrir o IMPRESS podemos utilizar diferentes rutas:
1. Dende a icona de escritorio.
Abrirase esta pantalla, na que escolleremos a opción Presentacións.
2. Dende Inicio - Todos os programas - Libreoffice - Libreoffice impress.
Abrirase unha pantalla como esta:
* Partes da pantalla principal.
Na seguinte presentación amosamos as partes
principais desta pantalla inicial: (preme enriba para ir pasando)
As partes máis importantes e específicas de Impress son o panel de diapositivas (3), o panel de tarefas (4) e a área de traballo (6).
Os paneis poden ocultarse facendo clic sobre o X da súa esquina superior dereita. Poden amosarse de novo indo á Barra de menús – Ver – Panel de diapositivas e/ou Ver – panel de tarefas.
Panel de diapositivas: as operacións maís importantes que podes facer aquí son:
– Engadir novas diapositivas en calquera punto da presentación.
– Borrar unha diapositiva que xa non necesites.
– Copiar e mover o contido dunha diapositiva a outra (copiar e pegar ou cortar e pegar).
– Cambiar a secuencia das diapositiva na presentación.
Panel de tarefas: neste panel hai cinco seccións.
– Páxinas principais: aquí podes definir o estilo de páxina da túa presentación. A predeterminada está en blanco, o resto ten un fondo.
– Deseño: en Impress amósanse vinteoito deseños predefinidos. Podes usalos tal como están ou modificalos.
– Deseño de táboa: dispós de once estilos estándar de táboa.
– Animación personalizada: amósanse distintas animacións para os elementos seleccionados dunha diapositiva. Aquí podes agregar unha animación, cambiala ou quitala.
– Transición de diapositivas: Impress conta con cincuenta e seis tipos de transicións, incluindo sen transición. Podes seleccionar a velocidade de transición, transición automática ou manual, e o tempo de visualización de cada diapositiva.
Área de traballo: na parte superior desta área podes observar cinco pestanas: normal, esquema, notas,documento e clasificador de diapositivas. Traballaremos no modo normal.