Instalación do OpenOffice.org
Instalación en Windows XP, Windows Vista ou Windows 7
Para a instalación do OOo 3.4.1 en Windows é preciso seguir os seguintes pasos:
- Descargar o ficheiro correspondente a versión para Windows.
- Desinstalar posibles versións anteriores de Open Office ou LibreOffice.
- Executar o ficheiro descargado no apartado anterior: OOo_3.4.1_Win_x86_install-wJRE_gl.exe.
- Na pantalla de Benvida que aparece, prema en "Next".
- Elixa o cartafol de destino onde se descomprimirán os ficheiros de instalación do OpenOffice.org e prema en "Unpack" (Descomprimir). Unha vez rematada a instalación poderá eliminar este cartafol se o desexa.
- Unha vez feito isto o asistente de instalación arrancará automaticamente.
- Para comezar a instalación deberá premer en "Seguinte" na pantalla de benvida é instalación.
- Prema en "Seguinte" nos cadros de diálogo que vaian aparecendo.
- Encha o formulario da pantalla cos datos do usuario se o desexa, e prema en "Seguinte".
- Escolla "Instalación típica" e prema en "Seguinte".
- Espere a que remate a copia e instalación de arquivos do programa e prema en "Rematar".
- Aínda que non é imprescindible, si é recomendable reiniciar a computadora antes de iniciar por primeira vez o paquete de ofimática OpenOffice.
- No menú "Inicio", "Programas", aparece a entrada OpenOffice.org 3.4.1 que contén o acceso as diferentes aplicacións.
NOTA:
Os usuarios de Windows 98 ou Windows 2000, tan só deberán descomprimir o arquivo coa Open Office 2.3 portable en galego nun cartafol da súa computadora ou dunha memoria USB onde aparecerán as iconas de acceso directo a cada unha das aplicacións do paquete ofimático.
Instalación en Linux
As suites de OpenOffice ou LibreOffice veñen instaladas nas maiorías das distribucións recentes. Comproba por tanto se as tes instaladas ou se podes facelo desde os repositorios de software da túa distribución.
Se non está, podes descargar e instalar o paquete OpenOffice do seguinte xeito:
- Descargar o arquivo coa distribución axeitada do enlace indicado máis arriba.
- Desinstalar posibles versións anteriores da OpenOffice ou LibreOffice.
- Descomprimir o arquivo descargado nun cartafol persoal.
- Instalar os paquetes (preferentemente desde consola) segundo a versión (RPMS ou deb)
- Instalar o paquete de integración no escritorio da OpenOffice. (Desktop Integration).
- Activación do idioma galego nos documentos.
Instalación do idioma
Unha vez que o porgrama está instalado se queremos escribir un documento en galego e que o corrector ortográfico o corrixa debemos indicarllo ao Writer. Para isto hai varias opcións:
- Seleccionar o idioma galego para o documento actual.
- Ir ao menú Formato - Carácter.
- No separador 'Tipo de letra', no campo 'Idioma' escoller 'Galego'. (Se o corrector está ben instalado aparece unha marquiña azul con ABC enriba).
- Configurar o Writer para que todos os novos documentos sexan en galego.
- Ir ao menú Ferramentas - Opcións
- Na parte esquerda facer dobre clic na opción 'Configuración de idioma' e seleccionar 'Idiomas'.
- No formulario da dereita na sección 'Idiomas predefinidos para documentos' en 'Occidental' escoller 'Galego'.
- Activación da corrección.
- A corrección pódese realizar de dúas formas. A forma rápida de activalas é na barra de ferramentas, premendo respectivamente nalgunha destas dúas iconas.
- Corrección do texto mentres se escribe.
- Deste modo a medida que se escribe o texto as palabras incorrectas aparecen subliñadas en vermello. Premendo co botón dereito do rato sobre a palabra errónea nos mostra unha lista de palabras posibles para substituíla.
- Corrección de todo o documento logo de escribilo.
- Ábrese unha xanela na que imos vendo as palabras incorrectas e podemos escoller entre as suxestións que nos da o corrector para corrixilas ou ignoralas son correctas.
- Xestión de actualizacións.