Folla 6: Presuposto

Antes do 31 de xaneiro cada centro ten que realizar un presuposto de ingresos e gastos que debe presentarse ao Claustro e ser aprobado polo Consello Escolar do centro educativo. Nesta folla de cálculo recóllese un modelo de presuposto para un centro.

O presuposto está dividido en apartados e subapartados de ingresos, axustándose a lexislación vixente, e en partidas ou subpartidas de gastos.

Estes valores úsanse para a folla seguinte na que se recolle ao longo do ano a execución dese presuposto.