Folla 3: Banco
As celas desta folla están ligadas ao contido das filas 43 á 1398 da folla 1 de cálculo. A construción se realiza da mesma forma que na folla 2.
Se nos situamos en calquera cela da primeira fila e facemos clic na icona , e reservamos a primeira fila para os títulos. A continuación podemos filtrar os datos polo contido da columna F escollendo no filtro o carácter B (código correspondente aos ingresos e gastos rexistrados por banco), deste xeito tan só de amosarán os ingresos ou gastos rexistrados por banco.
Nesta mesma folla, e na parte superior, recóllese un código de control, que debe ter sempre o valor cero, o saldo no banco, na caixa e o total.
Igual que na folla anterior, se rexistramos un gasto ou un ingreso novo na contabilidade e queremos que este quede rexistrado nesta folla, basta con ir ao Menú >> Datos >> Actualizar intervalo.