Estatísticas e táboas dinámicas

Se queremos saber a porcentaxe do volume total das vendas que representa a venta de chisqueiros, nos distintos cursos grupos de alumnos e para cada unha das excursións programadas procederiamos do seguinte xeito:

  • Seleccionamos na folla 1 os datos da táboa xunto coas cabeceiras das columnas que nos servirán como nomes para identificar os campos.
  • Imos ao Menú > Datos > Táboa dinámica… > Crear…
  • Na xanela emerxente da táboa dinámica deseñamos a táboa da forma que aparece na imaxe.

  • Os campos curso e grupo os colocamos na área de Campos de páxina.
  • O campo excursión na área de Campos de fila.
  • O campo produto na rexión de Campos columna.
  • O campo Ingreso na área de Campos de datos.
  • Seleccionamos  na rexión de Campos de datos o campo ingreso facendo clic enriba do campo Suma – Ingreso e prememos Opcións… eliximos a función suma e en Máis… eliximos como tipo entre as función que aparecen a función % de total. E prememos en aceptar.

 

  • Facemos clic no botón Máis e configuramos a táboa para que os resultados aparezan nunha nova folla.

 

  •  Facemos clic en aceptar nesta xanela e obtemos a seguinte táboa:

En conclusión:

  • Os ingresos pola venda de bolígrafos do alumnado que vai de excursión a Agua Park representan un 2,18 % dos ingresos totais recollidos.
  • Do total recadado un 3,41% corresponde á venda de bolígrafos, un 93,95% a venta de lotería e tan só un 2,64% dos ingresos corresponde á venda de chisqueiros
  • Do total de ingresos tan só un 16,21% corresponde ao recadado polo alumnado de 4º de ESO, que vai de excursión a Canarias.