Esquema do modelo de contabilidade

O formato é dun libro de follas en Calc, coas seguintes follas de cálculo:

  • Folla 1: Contabilidade. A folla contén un resumo de todos os ingresos e gastos por partidas, sempre visible, e unha segunda parte cos apuntes contables.
  • Folla 2: Caixa. Aquí aparecen rexistrados todos os apuntes de ingresos e gastos correspondentes a facturas que se pagan en man, ingresos de fotocopias, …
  • Folla 3: Banco. Onde figuran todos os apuntes de ingresos e gastos que pasan pola conta bancaria.
  • Folla 4: FSE. Que recolle os ingresos e gastos cargados ás axudas que o centro recibe correspondentes ao Fondo Social Europeo.
  • Folla 5: Depart. Na que aparece o presuposto de cada departamento para o ano e o gastos que acometeu ata o momento.
  • Folla 6: Presuposto. Folla de contabilidade na que se recolle o presuposto para o ano en curso e aprobado polo claustro e o consello escolar do centro educativo.
  • Folla 7: Exec_Presuposto. Que contén un resumo dos ingresos e gastos o longo do ano e unha comparativa entre o presupostado e o executado.
  • Folla 8: Anotacións. Nesta folla anotaranse aqueles ingresos e gastos que aínda non se incluíron na folla 1 de contabilidade.

 Pódense engadir máis follas ao libro, aplicar filtros, crear vínculos... segundo as necesidades de cada centro ou da persoa que manexe a contabilidade.