Que é un Filtro de datos?

O programa de software libre e gratuíto Calc permite gardar multitude de datos nunha mesma folla. As veces, ao ter unha cantidade moi grande de datos é difícil atopar un dato determinado ou varios relacionados entre si. Un exemplo podería ser nun libro de contabilidade creado con Calc no que nun específico momento queremos ver as facturas emitidas por unha determinada empresa durante o ano anterior. Ou se queremos tan só imprimir o listado de facturas pagadas só durante o mes de xaneiro do ano pasado.

OpenOffice Calc nos subministra ferramentas eficaces de filtrado dos datos de forma que con só uns clics poidamos ocultar na folla de datos aqueles que non desexamos ver, imprimir, amosar e volver a velos todos de novo coa mesma facilidade que os ocultamos, sen ter que eliminar, cortar, etc… ou facer unha folla nova.

As ferramentas dispoñibles no Calc para ese fin son tres:

  • Filtro automático.
  • Filtro estándar.
  • Filtro avanzado.

Cada unha das ferramentas ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes, polo que utilizaremos a máis axeitada para cada caso.