Máis opcións do Autofiltro

Ao facer clic sobre o botón Máis opcións, amósanse novas opcións extra que se aplicarán a maiores dos criterios xa establecidos para o filtro. Estas condicións son:

 

  • Maiúsculas/minúsculas: Ao avaliar os datos distingue os carácteres en maiúscula e minúscula. Se esta opción non está activa (por defecto), non se aplicarán distincións.
  • O intervalo contén etiquetas e columnas: Considera como entidades de columna as celas da primeira fila (activado sempre por defecto).
  • Copiar resultado en …: Ao marcar a cela de verificación podemos seleccionar a área de celas nas que se inserirá unha copia co resultado da aplicación do filtro. Podemos seleccionar unha área con nome utilizando o despregue situado xusto debaixo da opción (onde por defecto se mostra –no definido- ou no seu lugar, podemos definir o lugar onde inserir a copia, utilizando o botón  Reducir/Aumentar. Se seleccionamos a cela Persistente, a área de destino queda vinculada coa orixe, de forma que calquera novo Filtro predeterminado que definamos con posterioridade se aplicará tamén na área destino da copia. A área de destino da copia debe ser o suficientemente grande como para conter todas as filas orixe. En caso contrario, a información mostrada na área de destino pode non ser correcta por ter menos filas.
  • Expresión corrente: Permite o uso de comodíns (expresións regulares) na definición de filtros. A lista das expresións regulares válidas para Calc pode ser consultada na Axuda de Calc, buscando Lista de expresións regulares, ou ben, na pestana índice pola entrada listas; expresións regulares.
  • Sen duplicados: Non se mostrarán aquelas filas duplicadas ao aplicar o filtro. Para que se exclúa unha fila duplicada, deben coincidir exactamente todas as celas de ambas filas. (Esta opción é importante para detectar duplicados de asentamentos).

Pódese agochar o filtro automático de datos directamente facendo clic na icona , ou tamén a través do menú con Datos > Filtro > Retirar-Filtro, pódense ocultar os botóns despregados ao amosados ao aplicar o Autofiltro.

 

Ocultar o filtro non elimina o filtro aplicado, tan só oculta os botóns, como podemos ver na seguinte imaxe: