Filtro Estándar no OpenOffice Calc
Podemos activar esta ferramenta facendo clic na icona da barra de ferramentas , ou desde o menú contextual con Datos > Filtro > Filtro estándar. O seu funcionamento é moi similar a aplicar no Filtro automático a opción Filtro predeterminado.
Tras aplicar o filtro estándar, a área afectada vaise amosar como se se aplicara o Filtro automático. A xanela emerxente que se abrirá para introducir as opcións de filtrado é a seguinte:
Se queremos buscar todos os ingresos que nos fixo a Consellería de educación referentes ao Fondo Social Europeo (FSE) durante o ano, seleccionaríamos todos os datos e aplicaríamos o seguinte filtro, seleccionando nos combos as opcións que necesitamos:
O operador é o “E”, xa que deben cumprise as dúas condicións á vez.
O resultado da aplicación do filtro será a seguinte:
Amosando tan só os ingresos correspondentes ao FSE.