Filtro Avanzado no OpenOffice Calc
A parte dos filtros automáticos o Calc soporta filtros avanzados cos que podemos manexar a nosa lista de datos ao noso antollo.
Unha vantaxe dos filtros avanzados é que estes permanecen sempre á vista do usuario.
Esta ferramenta é indicada cando necesitamos aplicar múltiples filtros sobre varias columnas de datos e con varias condicións “E” ou “OU”, ou con condicións que cambian con relativa frecuencia.
O filtro especial soporta ata oito condicións de filtro, e os criterios para un filtro especial vanse almacenar nun rango de celas dunha folla. O primeiro paso para crear o filtro especial será introducir os criterios de filtro na folla de cálculo. Os pasos a seguir son os seguintes:
- Escoller un rango de celas do documento de Calc baleiras. Este rango pode estar en calquera folla do documento.
- Duplicar os encabezados da columna da área que vai ser filtrada na área que conteña os criterios do filtro. Temos que ter presente que un espazo de máis nos nomes dos encabezados pode facer que non funcione correctamente o filtro, por iso é aconsellable non copialos manualmente senón coa opción de Copiar e Pegar. Non é preciso escribir todos os encabezados basta con copiar os que vaiamos a utilizar no criterio do filtro.
- A continuación, introducimos os criterios do filtro debaixo dos encabezados da columna. O criterio en cada cela dunha fila se conecta co E lóxico (AND). Os criterios en filas diferentes están conectados cun OU lóxico (OR).
Este criterio filtrará dentro da folla de Ingresos as partidas Dotacións da Consellería, cuxa entidade pagadora e a Consellería de Educación e O.U. ou da partida Dotacións da Consellería e recibidas cunha data posterior o 1 de marzo do ano 2012, xa que os criterios que se atopan na mesma fila están conectados co Vínculo “E” (é dicir, teñen que cumprirse ambos a un tempo, simultaneamente). Neste caso: ser a entidade pagadora a Consellería de Educación e O.U. e a partida Dotacións da Consellería ou ben a partida ser Dotacións da Consellería e con data de ingreso maior o 1 de marzo do ano 2012.
Na imaxe seguinte se recolle na folla de cálculo tanto a área do rango de datos como á área correspondente os criterios do filtro.
Despois de haber creado os criterios, aplicaríase o filtro especial do seguinte xeito:
- Seleccionamos a táboa de datos a filtrar. Se a área de datos está delimitada por filas ou columnas baleiras (como debería de ser) con tal que esteamos situados nunha cela dentro da área, o programa Calc recoñecerá á área completa.
- Para abrir o cadro de diálogo de filtro avanzado podemos facer clic na icona da barra de ferramentas ou a través do menú en Usar Datos > Filtros > Filtros avanzados e automaticamente abrirase o cadro de diálogo do Filtro avanzado.
- Na xanela emerxente facemos clic na icona e seleccionamos o rango que contén os criterios do filtro.
- A continuación facemos clic en aceptar.
Na área de traballo do Calc aparecerán os seguintes datos:
Para restablecer a folla de datos tal e como estaba, con todos os datos de ingresos, bastará facer clic nunha cela da táboa de datos coa que estamos a traballar e posteriormente ir a Datos > Filtros > Eliminar filtro.
Se queremos cambiar os criterios do filtro e aplicalo de novo basta con, unha vez modificados os criterios do filtro avanzado, facer clic na cela dos encabezados da área de datos e seleccionamos dende o menú Datos > Actualizar intervalo ou desde o menú na icona .
No filtro avanzado ou especial podemos establecer criterios máis sofisticados e flexibles; por exemplo, usando expresións regulares. Para estes criterios temos que facer clic en Máis... que nos ampliará o diálogo.
As expresións regulares son moi potentes, pero son algo máis complexas, algunhas delas son as seguintes:
- . (un punto) a interpretación é calquera caracter.
- .* (un punto seguido dun asterisco) a interpretación é calquera carácter, calquera número de veces.
- Para máis información se pode consultar en Wikipedia: Expresión regular http://es.wikipedia.org/wiki/Expresi%C3%B3n_regular
- Si desexamos obter o listado de todos os ingresos por Aluger, bastaría poñer Aluger.*
- Para que funcione o criterio haberá que amosar as Opcións e activar a cela de Expresións regulares. Ao aceptar o diálogo se poderá aceder ao listado desexado.
Outras posibles opcións son:
- Diferenciar entre maiúsculas ou minúsculas.
- Obter os resultados do filtro en outra parte do documento (mantendo intacta a lista orixinal).
- Mostrar os datos sen repeticións.
Nota importante: Como podedes comprobar ao estar o filtro nas mesmas filas que os datos, parte ou todo o filtro pode desaparecer ao aplicar o filtrado. Para evitar este problema, o filtro ou filtros avanzados a utilizar é convinde que estean, noutra folla do libro ou deixa unha filas baleiras na parte superior dos datos. Por exemplo: