Eliminar filtros no OpenOffice Calc
Para eliminar os filtros a través do menú seleccionamos Datos > Filtro > Eliminar filtro. Eliminarase calquera filtro aplicado aos datos sexa cal sexa o procedemento elixido e aplicado o filtrado de datos (filtro automático, estándar ou avanzado).
Se os datos filtrados se ordenaron dun xeito determinado, a orde establecida non se eliminará, manterase a orde definida.