Modificacións dos gráficos
Os gráficos creados os podemos modificar totalmente adecuándoos ás nosas necesidades e gustos. Pódense modificar:
- O título: O tipo de letra, tamaño da letra, formato da letra, cor, bordos etc..
- O subtítulo: O tipo de letra, tamaño da letra, formato da letra, cor, bordos etc..
- Os títulos dos eixos principais e secundarios: Cambio de nome, tipo de letra, tamaño, formato, cor, etc…
- Formatar muros: Bordos, área (cor, gradación, trazado, etc..) e transparencia.
- A posición e o tamaño.
- O tipo de gráfica.
- Intervalos de datos.
- Visualización en 3D.
- A serie de datos: Formatar a serie, poñer etiquetas, formatar etiquetas, eliminar etiquetas, a disposición das etiquetas, etc.
- Un dato da serie: O formato a cor, formatar una soa etiqueta, eliminar a etiqueta, modificala, etc…
Para facer calquera modificación basta facer dobre Clic co rato sobre a gráfica e a continuación seleccionar o elemento que queremos modificar: o título, o subtítulo, os títulos dos eixos, a área do gráfico etc… e facer clic co botón dereito do rato para seleccionar a modificación que desexamos levar a cabo.
Vexamos un exemplo:
Se no gráfico anterior queremos modificar o formato do título, situámosnos enriba do título e facemos clic co botón dereito do rato. Eliximos entón, Formatar título…
Na fiestra nova emerxente podemos facer todo tipo de modificacións, no bordo do título seleccionar o estilo do bordo, a cor, etc… na área interna tamén podemos dar cor, degradados, etc… En tipo de letra seleccionar o tipo de letra e a forma: negriña cursiva, etc… o tamaño, etc… Efectos no tipo de letra e o aliñamento do texto.
Imos cambiar o tipo de letra a Arial, negrita, e tamaño 13 puntos e idioma galego..
Tamén modificaremos a cor dun determinado valor da serie para destacalo do resto dos valores.
- Facemos clic sobre a serie e unha vez seleccionada volvemos a facer clic outra vez sobre a barra da porcentaxe para 1º B correspondente a seis materias suspensas. Premendo o botón dereito do rato obtemos a seguinte xanela emerxente:
- Eliximos Formatar punto de datos… e cambiamos a cor da Gráfica 3; só se cambiara o correspondente a este dato.
- Facemos o mesmo para o dato de 1º A e de cor Gráfica 8.
Vamos tamén poñer a lenda na parte superior da gráfica.
- Facemos clic enriba da lenda.
- Eliximos Formatar lenda…
- Cambiamos a Posición a Superior.
A gráfica quedará da forma seguinte: