Inicio aos gáficos en Calc
En ocasións na labor de xestión do centro necesitamos visualizar datos que temos contidos en táboas mediante gráficos de diferentes tipos: diagramas de barras, histogramas, diagrama de sectores, etc…
A aplicación Calc, de Open Office permite ademais do uso de funcións para o cálculo de parámetros estatísticos (e tamén funcións de lóxicas, de finanzas, matemáticas, estatísticas, etc..), realizar unha gran variedade de gráficos que podemos incluso personalizar para as nosas necesidades.
Para comezar imos facer un exemplo sinxelo. O exemplo consiste en construír un libro en Calc co seguinte contido:
- Primeira folla: porcentaxe de alumnado por número de materias suspensas.
- Crear unha táboa en Calc con dúas columnas.
- Na primeira columna figurará o número de materias suspensas.
- Na segunda columna e para o grupo de alumnado que estamos analizando, o número de alumnos que aproban todo, suspenden unha materia, dúas, etc.
- Na terceira columna calcularemos a porcentaxe de alumnado en cada grupo.
- Realizaremos distintos gráficos, para a análise dos datos.
- Segunda folla: Porcentaxe de suspensos por materias.
- Crear unha táboa en Calc con dúas columnas.
- Na primeira columna figurará o nome das materias.
- A segunda columna contén o número de alumnos que suspenden esa materia para o grupo de alumnado que estamos analizando.
- Na terceira columna calcularemos a porcentaxe de alumnado suspenso por materias.
- Realizaremos distintos gráficos, para a análise dos datos.
Abrimos co programa Calc o arquivo, Resultados_1BAC.ods, arquivo ficticio de datos de dous grupos de alumnos e alumnas co que imos traballar.
Observación: para introducir números consecutivos nas celas, ou números que van de dous en dous, de cinco en cinco, etc… Basta con introducir os dous primeiros, seleccionalos e arrastrar co rato como vemos na imaxe seguinte:
Ao abrir o documento, se as táboas que contén non se ven completamente, na parte inferior dereita da zona de traballo temos un botón de aumento ou redución da visión da área de traballo.
A imaxe ampliada do botón de aumento ou redución da zona de traballo visible é a seguinte:
Nel podemos reducir o seu tamaño ata poder ver as dúas táboas completamente.
No documento proporcionado falta por calcular a porcentaxe de suspensos por materia; para calcular as porcentaxes temos que incluír nas celas C8 á C18 unha fórmula que para a cela C8 será:
= B8 / B$19 (Cociente do valor da cela B8 entre o valor da cela B19; non pode haber espazos entre o símbolo $ e o número 19)
Nesta última cela B19 ponse o símbolo $ diante do 19 para fixar a fila (B$19), se desexáramos fixar a columna B poñeríamos o símbolo $ antes da B ( $B19 ), no caso que nos interese fixar a fila e a columna temos que escribir $B$19. Como tan só queremos fixar a fila basta poñer B$19, así ao arrastrar co rato a fórmula ao resto das celas da B9 á B19 vai a manterse a fila 19 en todas as celas.
Ao poñer esta fórmula na cela C8, seleccionala e arrastrar, obtemos os valores para o resto das celas, como se mostra na seguinte imaxe.
Agora debemos de formatar as celas C8 a C18 para que o resultado apareza en porcentaxe.
Na segunda táboa, non podemos aplicar a fórmula anterior xa que aparecerían varias divisións por cero.
Para resolver o problema introducimos unha formula que inclúe a función lóxica IF que ten a estrutura:
IF(Proba lóxica; valor se é verdadeiro o valor da proba; valor se é falso o valor da proba)
Neste caso a función será:
= IF (B26=0; 0; C26/B26) e aceptamos.
A función IF é unha función condicional, se o valor da cela B26 e igual a cero entón o valor da cela será cero, senón o valor será o cociente da cela C26 entre B26, que será igual ao porcentaxe de alumnado que suspende pero en “tanto por un”. Ao dar formato de tanto por cento con dous decimais, nas celas aparecerán as cantidade en porcentaxe.
Faremos o mesmo proceso na folla “Result_1B”, quedando o documento coa seguinte forma:
Procedemos agora a facer algúns gráficos cos datos das táboas anteriores e outros datos que imos crear a partir dos dados inicialmente.
O primeiro gráfico que imos construír é un diagrama de barras coa porcentaxe de alumnado segundo o número de materias suspensas.
Seleccionamos no libro a folla de Resultados_1ºA, se queremos inxerir un gráfico nela, podemos facelo a través do menú seleccionando Inserir, Gráfica…
Tamén o podemos facer a través da icona que se atopa na barra de ferramentas. Aparecerán entón dúas novas xanelas. A primeira é a área da gráfica e a segunda é onde realizaremos unha serie de axustes para obter a gráfica desexada. Á esquerda da mesma temos un esquema dos pasos a seguir:
- Elixir o tipo de Gráfico: Columna, Barra, Sector,…
- Seleccionar o intervalo de datos.
- As series de datos.
- Os elementos da gráfica.
Como tipo de gráfica seleccionamos: columna, o primeiro tipo(non acumulativo), presentación en 3D e en forma de caixa.
No segundo paso seleccionamos:
Facendo clic sobre a icona seleccionamos co rato dende as celas A7 a A18 as celas C7 a C18.
As series de datos as consideramos en columnas, e a primeira fila e a primeira columna como etiqueta da serie.
No punto 3 aparecerán agora dúas series: Nº de alumnos/as e Porcentaxe, como a gráfica a queremos facer só cas porcentaxes marcamos a primeira serie "Nº de alumnos/as" e facemos clic en Retirar. Comprobamos ademais que o Intervalo do Nome da serie corresponde co valor da cela C7 e os nomes das Categorías son os das celas da A8 a A18.
No paso catro poñemos por título do gráfico, “Resultados do alumnado de 1º de bacharelato A” como subtítulo “1º Avaliación” no eixo X “Nº de materias suspensas”, no eixo Y “Porcentaxes do alumnado”, a lenda pode figurar no gráfico ou non, nós faremos que figure no gráfico pero na parte superior e facemos clic en Rematar.
Aparecerá entón o seguinte gráfico que queríamos.
Facendo clic sobre a gráfica podemos facer multitude de modificacións do gráfico: as liñas, a área do gráfico, a posición e o tamaño, a descrición, o Nome, etc..
Imos cambiar a cor das barras do gráfico e en cada barra colocar o seu valor correspondente. Para iso faremos dobre clic sobre a gráfica e unha vez que o gráfico está seleccionado facemos clic co botón dereito do rato enriba das barras do gráfico.
Imos a Formatar series de datos…
Aquí podemos cambiar as opcións do tipo de gráfico, o deseño do gráfico, a área, a transparencia e os bordos da serie. Cambiamos a cor da serie e seleccionamos a cor azul, Gráfica 9.
Tamén poñeremos o valor correspondente a cada caixa da gráfica, facendo primeiro dobre clic enriba da gráfica e despois clic sobre a serie e co botón dereito do rato seleccionar Inserir etiquetas de datos…,
Na parte superior das caixas da serie aparecerán os valores correspondentes a cada unha, en formato de porcentaxe, neste caso, e con dous decimais.
Facendo clic co rato enriba dos valores e premendo o botón dereito podemos modificar a etiqueta dos datos. Seleccionamos:
- Amosar valor como número.
- Emprazamento arriba.
- Rotar o texto, 90 graos.
No formato numérico, seleccionamos porcentaxe, idioma Galego, Número de decimais 1, e ceros á esquerda 1.
Ao final a gráfica queda como sigue: