Gráficos comparativos
Para ver as utilidades dos gráficos faremos aquí unha análise comparativa das porcentaxes de alumnado que suspende unha materia, dúas, tres, etc… de cada un dos dous grupos de bacharelato.
Para elo na folla3, que aínda está en branco, facemos unha táboa que aglutine os resultados dos dous grupos. A táboa a facemos copiando e pegando de forma especial coa opción de Ligazón na Folla3. Construímos nesa folla a táboa seguinte:
Para facer a análise comparativa dos datos de ambos grupos de alumnos e alumnas seleccionamos as celas A9 a C20 e prememos a icona .
- Seleccionamos o gráfico de tipo Barra.
- En 3D.
- Forma de Caixa.
- Escollemos a primeira fila como etiqueta e a primeira columna como etiqueta.
- En elementos da gráfica colocamos por título: “Comparativa de resultados 1º bacharelato A e B”, e como Subtítulo: “Porcentaxes de alumnado segundo o número de materias suspensas na primeira avaliación”. A lenda no lado dereito do gráfico e rematamos.
- Na serie correspondente a 1º de bacharelato A seleccionamos transparencia ao 50%.
O gráfico obtido, despois de asignarlle valores a cada barra, ten o seguinte formato:
Analizando o gráfico vemos que os resultados do grupo A son mellores que o do grupo B.