Diagramas de sectores

Cos datos das porcentaxes de alumnado por número de materias suspensas da primeira folla do libro, e que xa utilizamos anteriormente, construímos un diagrama de sectores. Eliximos por tanto as celas C7 a C18 e facemos clic na icona de gráficos  .  E realizamos os correspondentes axustes.
  • En tipo de gráfica:
  • Escollemos o tipo de gráfico Sector.
  • Presentación en 3D.
  • En intervalo de datos:
  •  Escollemos como intervalo de datos as celas A7 a C18.
  • En formato columna.
  • A primeira fila como etiqueta.
  • A primeira columna como etiqueta.
  • En serie de datos:
  • Retiramos a serie Nº de alumnos pois só queremos que se recolla a porcentaxe no gráfico.
  • Como intervalo de Nome a cela C7.
  • Como categorías as celas A8 a A18.

 

  • En elementos da gráfica:
  • Título: “Resultados da primeira avaliación de 1º de bacharelato A”.
  • Subtítulo: “Porcentaxe de alumnado por Nº de materias suspensas”.
  • Figurar lenda e esta no lateral dereito.
  • Facemos clic en rematar.

 

 

Facendo dobre clic co rato enriba do gráfico e unha vez que está seleccionada a serie prememos co botón dereito do rato e seleccionamos Inserir etiquetas de datos, obtendo así unha etiqueta para cada unha das porcións ou sectores ca porcentaxe de alumnado que representa.

 

 

Ao final a gráfica do diagrama de sectores quedará como sigue: