Ordenación de datos

No exercicio anterior vemos que o listado dos departamentos non está por orde alfabética. O programa calc permite a ordenación dos diferentes tipos de datos, xa sexan numéricos ou alfanuméricos.

Seleccionamos por tanto as celas B6 a B9 e coas iconas   da barra de ferramentas podemos ordenar os datos de forma ascendente ou descendente.

Ao premer na icona anterior aparece unha xanela emerxente como a seguinte:

 

Nesta xanela se nos pregunta se desexamos Estender a selección ou queremos tan só ordenar estas celas. Ao estender a selección tamén se ordenan as cantidades a vez que ordena os nomes dos departamentos, asignando a cada departamento ou seu gasto correspondente. Se decidimos tan só ordenar a selección actual entón ordenará os nomes dos departamento e as cantidades permanecerán inalterables dando a erro xa que por exemplo ao departameto de ciencias sociais se lle asignará o gasto do departamento de matemáticas.

Facemos clic, polo tanto, en Estender selección e aparecerán as cantidades de gasto de cada departamento por orde alfabética.

Ao ter as celas A6 a A11 combinadas comprobamos que no nos deixa ordenar deste xeito, para poder ordenar os datos temos que seleccionar as celas B6 a B9 y C6 a C9, ordenamos de forma descendente coas opcións de menú Datos, Ordenar datos…e eliximos ordenar pola Columna B. Obtemos así o documento:

 

Ao premer en "Aceptar" queda ordenada a selección por orde alfabética.