Creación dun índice no Libro

Imos crear un índice para o libro anterior de forma que podemos acceder, a calquera das follas creadas, dende a folla que contén o índice. En primeiro lugar engadimos unha páxina nova diante de todas as páxinas creadas que lle chamaremos Índice.

Imos Inserir, Folla, e marcamos Antes da folla actual, unha Nova folla, como nome poñemos Índice e facemos clic en aceptar.

Na folla Índice realizamos os seguintes cambios:

 

  • Na cela A1 escribimos “Libro de contas dos departamentos” en formato Arial 14 e negriña.
  • Na cela A2 escribimos: “Índice” en formato arial 12 e negriña.
  • Nas celas B2, B3, etc. Escribimos Gastos do departamento de Ciencias Sociais, Lingua Castelá, etc…

 

 

  • Formatamos as celas dando unha cor amarela 3 ao fondo das celas A1 a G11.
  • Nas celas A7 a A11 damos un formato de fondo cor amarela 5 e de bordo cadrado de grosor 4 puntos e cor branca.

 

 

Imos agora a crear unhas hiperligazóns para aceder ás diferentes follas do libro a partir do índice que creamos.

  • Situados na cela A7, co rato no menú selecionamos Inserir, Hiperligazón (tamén podemos facelo directamente coa icona ). Como queremos facer unha ligazón a un documento, imos a Documentos e na mesma xanela buscamos o destino da ligazón premendo no símbolo  e facemos un clic en Folla.

 

 

  • Selecionamos CienciasSociais e prememos en Aplicar na segunda xanela.
  •  En Texto poñemos Folla 1 e en Nome tamén Folla 1 e facemos clic en Aplicar.

 

 

  •  Facemos o mesmo nas celas A8 a A11.
  • No resto das follas e na cela E3 colocamos unha hiperligazón para volver á folla Índice. Así podemos ir do índice a calquera folla que desexemos e regresar de novo ao índice no caso que o libro teña moitas follas.