Creación dun libro de traballo

Os arquivos que creamos ao traballar co programa Calc chámanse Libros de Traballo. Cada libro crease por defecto con tres follas, este número de follas pódese aumentar se fose necesario. O número de follas e os seus nomes aparecen na parte inferior da área de traballo, por defecto co nome: Folla1, Folla2, Folla3,…

Para cambiar un nome a unha Folla procederemos da forma seguinte:

 

  • Faremos clic co botón dereito do rato sobre o título da Folla1, no menú contextual aparece Inserir folla…, Eliminar folla…, Renomear folla…, Mover/Copiar folla…, Seleccionar todas as follas…, Eventos da folla…, Cor da lapela… Cortar, Copiar, Pegar. Escollemos Renomear folla… e escribimos o novo nome, por exemplo, Matemáticas, e aceptamos.Tamén podemos facer dobre clic sobre a pestana da folla e cambiar o nome directamente.
  • De forma análoga chamaremos LinguaCastelá á Folla2, LinguaGalega á Folla3.
  • Creamos unha nova folla a continuación de LinguaGalega pulsando sobre Inserir folla… do menú contextual (ou dende o menú Inserir > Folla…) no cadro de diálogo que aparece escollemos Despois da folla actual e como nome poñémoslle CienciasSociais.

 

 

  • Coas iconas que se atopan á esquerda das pestanas cos nomes das follas podemos desprazarnos entre a primeira e a última folla, avanzando de dereita a esquerda. Para ver ou editar nunha folla determinada basta con premer co rato enriba da pestana que corresponda.

 

  • Tamén podemos cambiar a cor das pestanas de cada folla.

 

Para ver como se construe un libro e o seu funcionamento construiremos un libro no que figuren os gastos dos departamentos de matemáticas, lingua castelá, lingua galega e ciencias sociais.

En primeiro lugar, a partir do documento anterior Exercicio_2, imos ordenar as follas do libro por orde alfabética, segundo o nome. Ao premer sobre cada unha das follas e sen soltar o botón esquerdo do rato podemos mover a folla ata o lugar que estimemos oportuno, así podemos ordenalas seguindo o orden alfabético: CienciasSociais, LinguaCastelá, LinguaGalega e Matemáticas.