Uso de fórmulas en Calc
Para o cálculo do presuposto do ano seguinte aplicamos as porcentaxes anteriores a cada partida e colocamos os resultados na columna E, para iso temos que introducir a fórmula:
Presuposto = cantidade do ano anterior x (1 + porcentaxe que se aplicará)
A aplicación Calc admite nas súas celas fórmulas; para elo temos que preceder a fórmula do signo = .
Como podes ver na cela E11 introducimos a formula: =C11*(1+D11).
Os símbolos para introducir operacións no Calc son:
Símbolo do Operador |
+ | - | * | ^ | % | < | > | = | <> | <= | >= |
Significado | Suma | Resta | Multiplicación | Potencia | Porcentaxe | Menor que | Maior que | Igual que | Distinto que | Menor o igual que | Maior o igual que |
A orde da realización das operacións é: primeiro se realizan as operacións que están dentro das parénteses. Unha vez retiradas as parénteses ou dentro das mesmas, a orde é primeiro as potencias e raíces, logo os produtos e divisións e por último as sumas e restas. Cando teñamos unha secuencia de operacións coa mesma prioridade, faranse na orde na que se atopan de esquerda á dereita.
A interpretación da fórmula anterior é a seguinte: colle o dato que se atopa na cela C11 se multiplicala por: 1 máis o valor da cela D11. Para introducir o valor dunha cela na expresión que queremos construír podemos escribila co teclado ou seleccionala co rato pemendo enriba dela.
Como esa é a fórmula que queremos aplicar tamén no resto das celas dende E11 a E17, basta con seleccionar a cela E11, situar o cursor no punto que aparece na súa parte inferior dereita e, cando vexamos que o cursor toma forma dunha cruz negra, pulsar o botón esquerdo do rato e co botón pulsado, arrastar cara abaixo ata a cela E17.
Facemos o mesmo proceso coas celas E22 a E34 quedando o documento co seguinte formato:
Na cela E10 temos que introducir o resultado de ingresos menos gastos do ano 2012, polo que en primeiro lugar teremos que sumar todos os ingresos do ano 2012, todos os gastos e facer a diferenza para calcular o remanente que nos queda do ano anterior.
Engadimos por tanto unha fila máis para a suma dos ingresos e outra fila para o total de gastos.
Mediante a opción do menu Inserir podemos engadir filas, columnas, celas,… pero esta operación tamén a podemos realizar premendo co botón dereito do rato enriba dun número de fila á esquerda de todo da zona de traballo do Calc.
Unha vez engadida a fila á altura da fila 16, na cela B18 poñemos o texto “Total de ingresos” e na cela C18 inserimos unha función que fará a suma dende C10 a C17 da forma seguinte:
A función vai a ser a suma, clic co rato en seguinte, seleccionamos as celas que queremos sumar e logo aceptar.
Outra forma máis directa de facelo é seleccionando as celas que queremos sumar e premer a icona . Do mismo xeito tamén podemos inserir unha función ou operación nunha cela determinada situandonos na cela e premendo a icona .
Facemos o mesmo na cela C36.
Na fila 38 e na columna B engadimos un novo texto “Remanente” e na cela C38 introducimos a expresión, =C18-C36, para calcular automaticamente o remanente que nos queda ao restar aos ingresos os gastos.
Na cela E10 poñemos a fórmula: = C38, xa que nela debe aparecer a cantidade correspondente ao remanente do ano anterior.
Facendo as sumas correspondentes nas celas E18 e E36, e o cálculo do remanente presupostado para o fin de ano 2013, así como uns cambios de formato resaltando os totais e os remanentes con negriña, obtemos o seguinte documento: