Inicio ao programa Calc

Ao programa Calc pódese acceder por varias vías, igual que para acceder a calquera programa que teñamos instalado no noso ordenador.

 

Unha das formas é facendo co rato dobre clic sobre a icona do paquete OpenOffice.org que o propio programa crea automaticamente na súa instalación. Neste caso aparecerá na pantalla do ordenador a seguinte xanela:

 

 

A continuación, co rato escollemos dentro do paquete informático a Folla de cálculo.

Outra forma é pulsando no botón Inicio, e no menú que se desenrola, escollemos co rato Todos os Programas, aparecerá o listado de todos os programas dentro dos cales está o OpenOffice.org.3.4.1, que foi instalado previamente. Ao situarse co rato enriba del, desprégase outro menú onde aparecen todos os módulos do programa. Escollemos entón OpenOffice.org.Calc.

 

Aparecerá entón a pantalla seguinte na que se distinguen as partes:

 

 

Na parte superior da pantalla aparece a Barra de Título. Nela figura o nome do arquivo, si nos fixamos no noso caso aparece o texto, “Sen título 1- OpenOffice.org”, xa que o documento non ten nome pois aínda non foi gardado.

Antes de seguir adiante imos a crear unha carpeta dentro da carpeta de Mis documentos, por exemplo, co nome de Curso_Folla_Calculo_Calc, dentro desta carpeta gardaremos todos os traballos que imos realizar.

Podemos gardar o arquivo creado seleccionando no menú, Ficheiro e Gardar Como, e gardamos o arquivo como Exercicio_1 dentro da carpeta creada.

 
 

Unha vez gardado o arquivo na barra do Título aparecerá o nome Exercicio_1.

O arquivo finalizará o seu nome coa extensión .ods, que o caracteriza como de folla de cálculo pertencente ao OpenOffice.

A parte máis ampla da pantalla activa, na que está cadriculada, é a Área de traballo, nela cada cela está perfectamente identificada por unha serie de letras que nos indican a columna na que está (A, B, C, … AA, AB, AC, …) e un número (1, 2, 3, 4, …) que nos indica a fila na que se atopa.

Debaixo da Barra do Título, aparece un recadro no que se describe a cela na que estamos, está sempre aparecerá resaltada cos bordos máis grosos e en cor negra.

 

 
 

Podemos probar a pulsar en celas diferentes e observaremos como vai cambiando o valor no recadro informativo segundo a posición da cela elixida; ademais, se tecleamos a posición dunha cela, automaticamente nos posicionamos nela, e coas barras de desprazamento horizontal e vertical podemos recorrer toda a folla de cálculo.

De aquí en adiante, para identificar unha cela en concreto usaremos o seu enderezo, é dicir, columna e fila na que  está situada. Por exemplo falaremos das celas A1, L920, AB18…”

Tamén podemos observar como vai variando a identificación que figura da Cela Activa (recadro que esta na parte superior dereita da Zona de Traballo e sinalada cun circulo vermello), ao desprazarnos cos cursores polas distintas celas.