Formato de páxina
No menú, en Ficheiro e en Previsualización da páxina, ou tamén facendo clic na icona podemos ver como queda o noso documento ao imprimilo.
Nesa visualización, comprobamos que o documento non entra todo na página e por conseguinte debemos darlle formato. Para darle formato á páxina, co rato faremos clic en Formatear Páxina, botón que se atopa na parte superior, e se abre unha nova fiestra onde podemos: organizar, configurar, poñer bordos ou cambialos, cambiar o fondo ou poñer un fondo, poñer unha cabeceira para todas as páxinas, no caso que teñamos máis dunha, poñer rodapé a todas as páxinas con data, número de páxina, anagrama, etc…ou modificar o formato de impresión da folla ou documento.
Nós imos cambiar no cadro anterior a orientación da páxina de vertical a horizontal, para que entre todo o documento nunha soa páxina.
Como ainda así non entra todo o documento nunha folla, reduciremos as márxenes da páxina facendo clic en Marxes (Circulo en vermello) e arrastrando hacia a esquerda ata que o documento entre por completo na páxina. Con este nivel non se reduce as marxes, senón a escala coa que se imprime o documento. O tamaño da letra tamén vai ser máis pequeno do indicado ao escribir na folla.
Tamén podemos axustar a páxina para posteriormente imprimila no menú en Formato, Páxina, e na xanela emerxente podemos modificar o tamaño, a orientación, as marxes, etc.
Na mesma xanela e premendo na pestana Folla podemos modificar a escala de impresión así como a orde na que se van a imprimir as múltiples páxinas dunha folla de cálculo.
O documento queda listo para imprimir. Non esquezas gardar o documento, é importante ir gardando os documentos cada pouco tempo mentras os elaboras.