Formato das celas

Nas celas podemos introducir datos numéricos, alfanuméricos, fórmulas, sentencias lóxicas, etc.

Para ir vendo as posibilidades desta ferramenta informática imos realizar unha aplicación práctica. Esta consistirá en crear, coa ferramenta Calc, unha folla de cálculo coas previsións de ingresos e gastos do centro por partidas de cara o próximo curso de cara a presentalo no claustro e no consello escolar.

No documento aparecerán os seguintes elementos:

  • Anagrama da consellería de educación e nome do centro
  • Cela destinada á data da realización do presuposto.
  • As partidas de gasto (que terá un formato xeral, alfanumérico).
  • Gastos reais do ano anterior. (de carácter numérico en euros).
  • Previsión de gastos para o ano seguinte (porcentaxe probable de incremento ou diminución en cada partida).
  • Cela de decisión para la inclusión ou non do porcentaxe de incremento ou diminución da partida, no presuposto a confeccionar.
  • Total de gasto por cada partida.
  • Formato de presentación do presuposto.

Creamos en "Mis documentos" e dentro do cartafol Curso_Folla_Calculo_Calc, outro cartafol que chamaremos Imaxes.

Entramos no portal da Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, http://www.edu.xunta.es, e descargamos o anagrama da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a gardamos no cartafol creado anteriormente. Tamén o podes baixar da propia plataforma do curso.

Na cela A1 colocaremos unha imaxe, esta imaxe pode ser un escudo, un anagrama, etc…, que identifique o centro educativo. As imaxes que poñemos como encabezamento da folla se incluirán do seguinte xeito. No menú superior escollemos Inserir, imaxe dende arquivo, seleccionando o arquivo onde temos a imaxe que queremos inserir.

 
 
 

Colocamos na esquerda a imaxe da Consellería de Educación facendo clic en “Abrir” co rato na ventá emerxente.

Imos colocar a imaxe na marxe superior esquerda e podemos axustala á medida desexada seleccionándoa e axustando o seu tamaño ata ocupar as columnas da A á E e as filas do 1 ao 4. Na cela A8 poñemos o nome do centro quedando por tanto, a área de traballo, como segue:

Selecionamos agora a cela A8 e lle cambiamos o tipo de letra e o tamaño, Arial Black e tamaño 12 para resaltar o texto da cela do resto, na barra de ferramentas ou no combo de formato de texto con:

Como exemplo propónse crear un presuposto para un centro educativo onde incluiremos: os ingresos do ano anterior e os gastos dese mesmo ano, por partidas, axustándonos á normativa publicada do Decreto 201/2003, do 20 de marzo, polo que se regula a autonomía na xestión económica dos centros docentes de carácter público. O presuposto o faremos usando as ferramentas da folla de cálculo Calc.

Creamos por tanto escribindo nas celas correspondentes o seguinte modelo:

Deixamos a columna primeira para numerar as partidas nas que dividimos o presuposto.

Ata o momento, salvo os tipos de letra que para algunhas celas a puxemos en negriña e aumentamos o tamaño, o resto do documento está sen formato.

No documento anterior inserimos dous tipos de datos:

  • Texto: Que sempre aparece por defecto aliñado á esquerda.
  • Números: Que aparecen por defecto aliñados á dereita da cela.

A alineación do texto ou número que coloquemos dentro das celas pódese realizar de varias formas. A primeira forma é a través da barra de ferramentas do programa, selecionando

a cela ou celas nas que queremos facer a operación descripta e usando os iconos da barra de ferramentas podemos alinear á esquerda, centrar, alinear á dereita ou xustificar a ambos lados o contido.

Tamén podemos cambiar o formato da cela premendo o botón dereito do rato e selecionando Formatar celas…:

Ao facer clic co rato enriba ábrese unha nova xanela na que se pode cambiar a cela:

  • O tipo de datos: xeral, número, porcentaxe, texto, data, porcentaxes, moeda…
  • O tipo de letra: tipo, tamaño, formato, idioma, …
  • Efectos do tipo de letra: cor, subliñado, relevo, contorno, sombra, …
  • Aliñamento: esquerda, centrado, dereita, superior, …
  • Bordos.
  • Fondo.
  • Proteción da celda.

 

No documento anterior centraremos os números da primeira columna, imos poñer en negriña algunhas das celas e a fonte que seleccionaremos para os textos será arial 10. Todas estas operacións as realizaremos coa barra de ferramentas

Posteriormente nas celas que usaremos para recoller as cantidades en euros dos ingresos, gastos, etc.. darémoslle o formato de moeda seleccionándoas, premendo o botón dereito do rato e na opción formatar celas.

Eliximos moeda, con formato de dous decimais e para que apareza en vermello as cantidades negativas; en idioma seleccionaremos o galego.

Imos dando forma ao noso documento de presuposto e engadimos os datos da execución dos orzamentos do centro no ano anterior tanto de ingresos como de gastos. Obtemos así a folla seguinte:

 

Podemos tamén cambiar o tamaño das columnas poñendo o rato enriba da liña de división das columnas e arrastrándoo á esquerda ou á dereita, segundo desexemos aumentar ou diminuír o tamaño da columna.

Outra forma de realizar esta operación é a través do menú, en Formato, Columna, largura...

Ou tamén situándonos enriba da letra da columna e facendo clic co botón dereito. Posteriormente no menú despregable podemos modificar o formato e a largura da columna. Do mesmo xeito podemos modificar o tamaño das filas. Ou se estamos situados nunha cela, modificar o tamaño ou o formato da mesma.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cos datos introducidos, e supoñendo que o ano que ven non se van a incrementar os ingresos en tal caso serán menores que este ano, e pensando nas partidas nas que podemos reducir os gastos e aquelas nas que estamos convencidos que aumentarán polo incremento do IPC, IVA, etc.. aplicamos a cada partida unha procentaxe de incremento ou de disminución, que recollemos na columna D.

Temos que ter en conta que o formato para algunhas celas desa columna debe ser de tipo porcentaxe. Na opción formatar celas, seleccionamos formato en dous decimais, en galego e coas porcentaxes negativas en vermello.

Introducimos nas celas de porcentaxe as seguintes estimacións para a realización do presuposto de cara o próximo ano; desta forma o documento que estamos a confecionar quedará da seguinte forma: