Configuración da impresión
Na barra de ferramentas temos unhas iconas de acceso rápido para (de esquerda a dereita): abrir un documento novo, abrir un documento xa gardado, gardar o documento, enviar o documento por correo electrónico, editar o documento, exportar como documento en PDF, imprimilo, ou ver unha previsualización da páxina.
Tamén a través do menú, en Ficheiro, vemos que podemos Exportar o documento, Exportalo en formato PDF, podemos Envialo (para iso debemos ter no ordenador configurado un programa que xestione o noso correo electrónico como por exemplo o Windows Mail), Previsualización no explorador web, Previsualización da páxina, Imprimir..., Configuración da impresora, entre outros.
Se prememos en Imprimir, obtemos unha xanela emerxente onde podemos seleccionar a impresora na que queremos imprimir o documento, envialo a OneNote, como documento e Microsoft XPS Document Writer, ou outros formatos dependendo dos programas que temos instalados no ordenador. Podemos querer só imprimir unha folla do documento, todas as follas do documento, ou celas que teñamos previamente selecionadas, configurar o número de copias, e tamén podemos decidir que páxinas queremos imprimir do documento e en que orde.
Na pestana "OpenOffice.orgCalc" podemos incluir na impresión as páninas baleiras ou só imprimir aquelas páxinas que teñan datos.
Podemos configurar as páxinas do documento que queremos en cada folla, a orde das páxinas ou poñer un bordo é páxina.
En Opcións, podemos imprimilo pero en formato ficheiro para usalo posteriormente ou crear traballos individuais para envialos á cola de saída.