Metodoloxía

En cada módulo haberá unha parte teórica, cuxo obxectivo é dar unhas explicacións sinxelas sobre o tema a desenvolver no módulo, con imaxes, explicacións paso a paso, e a continuación unha colección de exercicios para poñer en práctica e afianzar os coñecementos adquiridos. Tamén haberá supostos prácticos de validación de cada módulo.

En cada módulo hai varias tarefas que realizará o alumnado do curso e que serán enviadas para ser avaliadas polos titores. No módulo final elaborarase un suposto práctico no que se amosen os coñecementos aprendidos ao longo do curso.

Será un curso predominantemente activo por parte das persoas que o realicen.

Durante o curso propóñense unha serie de actividades, que implican:

  • Lectura dos materiais subministrados.
  • A comunicación cos/as titores/as, e co resto das persoas que estén realizando o curso mediante: foros, correo electrónico, sistema de mensaxeria interna e chats.
  • A realización das tarefas formuladas e que serán avaliadas polo profesorado titor.

Propóñense varias lineas metodolóxicas como:

  • O seguimento detallado dos modelos desenvolvidos nos contidos.
  • A explotación e investigación individual.
  • A posta en común.
  • A axuda dos compañeiros.
  • A utilización dos modelos.
  • A ilusión de crear documentos novos.

O obxectivo é familiarizar ao usuario do curso co programa informático Calc, e que lle poda ser de utilidade para as labores administrativas a desenvolver na súas tarefas diarias.