Contidos

O contido do curso se divide en 7 bloques ou módulos de aproximadamente dúas horas de duración cada un máis unha serie de actividades propostas ata completar un total de 20 horas:

  • Módulo 1. Descarga e instalación do programa OpenOffice.org. Obtención da ultima versión do OpenOffice. Descarga e instalación do paquete informático. Configuración: Idioma, dicionarios e tradutores, actualizacións.
  • Módulo 2. Nocións iniciais do programa Calc do OpenOffice.org. Elementos na zona de traballo da folla de cálculo, follas, filas, columnas, celas, rangos. Uso de fórmulas en Calc, Formato de celas, formato de páxina, configuración de impresión.
  • Módulo 3. Creación de libros de traballo con Calc. Creaciónn dun libro de traballo, follas vinculadas, ordenación de datos, creación dun índice no libro, trucos varios.
  • Módulo 4. Gráficas con Calc. Representación de gráficos de datos, diaramas de sectores, gráficos comparativos. Dar formato e modificación dos gráficos. 
  • Módulo 5. Combinación de Correspondencia con Calc e Writer de OpenOffice.org. Listado de alumnado, documentos personalizados, impresión de documentos personalizados.
  • Módulo 6. Filtros no Calc do OpenOffice.Org. Aplicación de filtros en follas de Calc, tipos de Filtros, utilización de funcións en follas de Calc filtradas, eliminación de filtros.
  • Módulo 7. Modelo de xestión de contabilidade co programa Calc de OpenOffice.org. Proposta a modo de exemplo dun libro de contabilidade para a xestión dos ingresos e gastos dun centro educativo utilizando a folla de cálculo de OpenOffice. Propostas de modificación e adaptación.

En cada bloque de contidos se incorporan supostos prácticos para reforzar os coñecementos adquiridos. Pódese tamén atopar un apartado con material complementario no que se inclúen curiosidades e se adxuntan modelos de follas de cálculo listas para ser usadas.