Comunicación cos/as titores/as
Cada vez que comeza un curso de formación a través de PLATEGA, unha das primeiras cousas que debes facer é presentarte á comunidade de aprendizaxe. Para iso atoparás en todos os cursos no primeiro módulo un Foro de presentación de participantes.
Esta primeira mensaxe servirá de presentación tanto co resto da comunidade de aprendizaxe, coma cos titores e titoras do curso.
Existen varias opcións de comunicación co seu titor:
- A través dos foros existentes en cada módulo, por exemplo, o foro do módulo ou foro de avisos e anuncios de cada módulo concreto. A comunicación que se realiza nos foros é pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler ou dar resposta as súas intervencións no foro ou posts, fomentado deste xeito o intercambio de información e experiencias entre todos os participantes do curso.
- A través do sistema de mensaxería da plataforma, os titores se comunicarán cos participantes en materia de datas, avaliacións e funcionamento do curso. As mensaxes enviadas por este medio poden ser públicas, se son enviadas a todos os participantes, ou privadas entre o seu titor e vostede. A maiores, enviarase copia daquelas comunicacións privadas referidas a avaliacións ou cuestións de certa importancia ao correo electrónico particular de cada participante.