Avaliación

Será preciso entregar todas as actividades propostas en cada un dos módulos, así como a elaboración da proposta didáctica na que se amose o emprego das diferentes ferramentas tratadas ao longo do curso. Na elaboración desta proposta non se admitirá ningún traballo copiado de Internet nin realizado con outra aplicación que non sexa de Open Office.

Ao remate de cada módulo notificarase a cada participante a cualificación correspondente ás actividades realizadas no mesmo e, se fose preciso, solicitarase o seu reenvío coas correccións oportunas.