GIMP Novo arquivo

GIMP non é un programa de debuxo, por iso non ofrece a posibilidade de debuxar formas xeométricas dende a caixa de ferramentas, pero existe un modo sinxelo de debuxalas.

Nesta actividade imos crear un texto recadrado ao que lle imos engadir unha sombra.

  1. Crea un novo arquivo. Menú "Ficheiro" -> "Novo" e acepta as opcións por defecto.
  2. Preme na icona de texto e fai clic máis ou menos no medio da pantalla. Escribe unha palabr. Verás que aparece unha pequena ventá. Podes escribir o texto nesta ventá ou directamente no espazo de traballo.
  3. Cando remates de escribir, dalle formato ao texto mediante os botóns que atoparás debaixo das ferramentas.
  4. Unha vez que o texto se axuste ao que queres, diríxete ao bloque da dereita e busca esta icona . Se non a atopas, asegúrate de que estás vendo as capas. Esta acción engadirá unha capa nova sobre a que trazaremos o recadro. Acepta as opcións da ventá emerxente. Se queres, antes de aceptar podes poñerlle un nome. Será máis fácil traballar se tes moitas capas nun ficheiro.
  5. Preme e, na capa recén creada, traza un rectángulo que arrodee o texto. Faino premendo o botón esquerdo do rato onde queiras comezar e arrastrando ata onde queiras rematar. Observarás que se formao chamado "Camiño de formigas"
  6. Agora imos "facer visible" o recadro. En primeiro lugar, fai clic no cadradiño negro desta icona para elixir a cor que lle queres dar. Despois, menú "Editar" -> "Trazar selección" Indica o grosor da liña e preme aceptar. O texto queda recadrado
  7. Este pode ser un bo momento para gardar o noso traballo. Menú "Ficheiro" -> "Gardar como..." No cadro de diálogo da un nome para o arquivo e na parte infoerior preme na cruz que hai ao lado de "Seleccionar o tipo de ficheiro (por extensión) e elixe formato xfc , propio de GIMP Preme"Gardar".
    Podes elixir calquera tipo de formato; os máis habituais son jpg e png en calquera caso, a información das capas pérdese (a imaxe se acopla), polo que se pretendes deixar o traballo para seguir máis tarde, o mellor é gardar no formato de GIMP que é "xcf" e que é tamén no que garda por defecto se non indicamos o contrario; así mantés toda a información das capas e podes seguir traballando na imaxe.
    Como xa sabemos, a diferencia entre png e jpg está, entre outras cousas, en que o primeiro garda as transparencias e o segundo non; polo tanto a elección é do usuario.