O panel superior
O panel superior presenta dous conxuntos de iconas; unhas situadas á esquerda que nos permiten ir á ventá de favoritos (o inicio por defecto) , e cambiar entre aplciacións abertas ; a icona "iluminada" correspóndese coa aplicación activa; as "apagadas" con aplicacións abertas pero que non son visibles neste momento. Basta facer clic sobre elas para traer eses programas a primeiro plano.
O conxunto de iconas da esquerda permite, entre outras cousas, forzar o peche dunha aplicación que non funciona correctamente , regular o volume , controlar o funcionamento de programas como Sigala ou iTalk ; comprobar que temos conexión de rede e a carga da batería ; consultar o calendario e cambiar de usuario ou apagar o ordenador