O escritorio

O escritorio dos portátiles Abalar, tanto os da aula como os ultraportátiles do alumnado contan coa interface UNR (Ubuntu Netbook Remix), unha variación do escritorio tradicional de Ubuntu diseñada para ser utilizada por ordenadores con pantalla pequena e procesadores Atom, non excesivamente potentes.

O escritorio está dividido en dúas partes principais: á esquerda temos unha columna coas categorías do software que temos instalado e na outra parte amósanse os programas con que conta o noso computador.