Accións con ficheiros
Unha vez que temos un ficheiro, podemos...
- Abrilo de novo, modificalo e gardalo outra vez. Podemos tamén gardalo como... e conservar a versión antiga e a nova.
- Gardalo nunha ubicación concreta do noso disco duro. En Linux unicamente no noso cartafol persoal ou nun disco USB que teñamos conectado.Excepto que teñamos o contrasinal de administrador, claro.
- Copialo dun lugar e pegalo noutro, de xeito que o temos duplicado en dous lugares diferentes.
- Cortar e pegar o arquivo. O resultado, a diferencia do caso anterior, desaparece do dispositivo orixinal e só queda no dispositivo de destino.
- Podemos tamén renomear o arquivo por medio do menú contextual que aparece ao facer clic co botón dereito do rato, ou situándonos no ficheiro o carpeta en cuestión cun só clic e premendo a tecla "F2".
IMPORTANTE:
- Nun cartafol non pode haber dous ficheiros co mesmo nome e a mesma extensión; non poden existir dous arquivos que se chamen "imaxe1.jpg", por exemplo, pero si un que se chame "imaxe1.jpg", e outro que se chame "imaxe1.png". As tres letras que van despois do punto son as que identifican cada arquivo como un tipo de imaxe distinto.
- O sistema operativo Linux, "e sensible" (diferencia) ás maiúsculas, polo que, ao nomear un ficheiro, non é o mesmo "Minha-imaxe.jpg" que "minha-imaxe.jpg" ou "minha-Imaxe.jpg" noutros sistemas operativos, non se podería dar este caso porque os tres arquivos terían o mesmo nome.
- No escritorio, clic co botón dereito do rato e elixe: Crear documento> ficheiro baleiro. Ponlle un nome, o que queiras.
- Doble clic no ficheiro recén creado para modificalo. O programa co que o editas chámase "Gedit", un editor de texto moi sinxelo. Escribe o que queiras, e gárdao. Menú Ficheiro > Gardar (ou clic en ). Engade máis contido; cando remates, Ficheiro > Gardar como... no cadro de diálogo que aparece, selecciona un nome diferente e fai clic en gardar. Agora tes dúas versións do ficheiro. Unha co contido orixinal e a outra con ese mesmo contido máis o engadido.
- Fai clic sobre o ficheiro e no menú contextual (clic dereito) selecciona "Copiar". Doble clic na icona "Cartafol persoal..." e doble clic en "Documentos"; clic dereito e seleccionar "Pegar". Agora tes dos ficheiros idénticos en ubicacións distintas do teu disco duro.
- Clic en calquera dos dous documentos, e premendo a tecla F2, ou elixindo "Renomear" no menú contextual, cámbialle o nome.