Conexión dos periféricos
- Todos os ordenadores levan ás conexións na parte traseira, sexan de formato torre ou "planos". Cada unha destas conexións só pode acoller un dispositivo, de xeito que non se pode conectar ,por exemplo, o monitor no conector da impresora. A continuación vemos a placa de conexións dun PC de sobremesa.
- Os portátiles adoitan ter as conexións nos laterais e na parte traseira. Na parte dianteira teñen, polo xeral, as conexións de audio (altofalantes ou auriculares e microfóno).
- Habitualmente, os portátiles teñen unha cámara web e un micrófono integrados no parte superior do marco da pantalla.