Apagar equipos

O apagado dun equipo débese facer utilizando sempre o menú de apagado con que contan todos os sistemas operativos, sexan Windows, Linux ou Mac; deste xeito nos aseguramos de que todos os procesos finalizan correctamente e preservamos a integridade dos datos que contén o equipo. Ao finalizar este proceso interrómpese automaticamente a alimentación eléctrica.

No sistema operativo Linux instalado nos equipos Abalar  o proceso é similar. A continuación vemos unhas capturas de pantalla.

1.- Facer clic na icona superior dereita da pantalla coa imaxe dun interruptor e no desplegable, clic en "Apagar". 

2.- Clic no botón "Apagar" do cadro de diálogo seguinte.

 

 

NOTA: Existen diferentes "distribucións" de Linux e distintos xogos de iconos, polo que haberá que buscar o que corresponda en cada caso. Adoita estar sempre no mesmo sitio. 


  • Pecha o navegador que esteas utilizando e apaga o equipo seguindo o procedemento indicado; volve acendelo.