9. Elaboración dunha unidade didáctica

 

Trátase de que cada un de nós faga unha unidade didáctica utilizando eXe-Learning. Antes de poñérmonos á tarefa cómpre facer unha pequena recapitulación de varios aspectos básicos:

  • Un proxecto eXe consta de dous elementos fundamentais:
    • Un grupo de páxinas, cada unha das cales inclúe uns contidos determinados, vertebrado arredor da árbore de contidos, que se crea na fiestra Resumo.
    • Os contidos concretos de cada páxina créanse coas ferramentas ou iDevices.
  • eXe permítenos crear recursos educativos partindo de cero ou empregando materiais que xa teñamos elaborados, pero tamén podemos usar recursos procedentes da rede, xa sexan textuais, gráficos ou multimedia.
  • Xa que logo, os pasos que debemos dar para construír un recurso educativo ou, no noso caso, unha unidade didáctica, son os seguintes:
    • Instalamos eXe.
    • Construímos un catálogo índice coa árbore de contidos na fiestra Resumo.
    • Utilizamos as ferramentas ou iDevices para encher de contido cada un dos apartados da nosa árbore de contidos.
    • Se é o caso, importamos paquetes (ou exportámolos) só con pinchar co botón dereito do rato en calquera apartado ou subapartado do índice.
    • Definimos o estilo da nosa unidade didáctica escolléndoo na pestana Estilos da barra de menús superior.
    • Definimos as propiedades do noso proxecto na pestana de Propiedades.
    • Para rematar, exportamos o noso proxecto ao formato que máis nos interese, segundo o uso que lle vaiamos dar: en modo local, en internet en xeral (por exemplo nun blog) ou nunha plataforma de teleformación, como pode ser Moodle.