Actividades profes
- Especifica un título.
-
Determina a taxonomía da túa unidade (por exemplo, categoría 1, categoría 2, categoría 3) na pestana Propiedades>Paquete>Taxonomía.
-
Se queres, podes encher os demáis datos (autor, descrición, licenza, etc.) ou pospoñelos ata ter completada a unidade didáctica.
- Garda os datos e volve á pestana Autor.
- Programación da unidade didáctica.
- Desenvolvemento dos elementos de contido.
- Competencias, que debe elaborarse co iDevice "Pre-coñecemento".
- Obxectivos, que debe elaborarse co iDevice "Obxectivos".
- Contidos.
- Avaliación.
O bloque de desenvolvemento de contidos deberá ter un mínimo de catro páxinas que desenvolverán as nocións relacionadas co tema da unidade didáctica e abranguerán un conxunto variado de iDevices que proporcionen riqueza e diversidade ao recurso educativo. Lembra que, entre outros que tamén poden realizar esta función, temos os seguintes iDevices que desenvolven elementos de contido:
iDevices que desenvolven elementos de contido |
||||
Texto libre | Actividade | Actividade de lectura | Ampliador de imaxe | Artigo Wiki |
Estudo de caso | Galería de imaxes | Miniaplicación de Java | RSS | Reflexión |
Sitio Web externo | Inserción de elementos especiais |
Desenvolve as actividades relativas a cada páxina de contido utilizando os iDevices axeitados:
iDevices cos que desenvolver actividades |
|||||
Actividade |
Encher espazos | Actividade de lectura | Ampliador de imaxe | Escolla múltiple | Estudo de caso |
Galería de imaxes | Miniaplicación de Java | Pregunta V/F | Reflexión | Selección Múltiple | Test SCORM |
Crea unha páxina que conteña un exame SCORM como proba obxectiva dos contidos desenvolvidos ao longo daunidade didáctica.
Completa agora -se non o tés feito xa- os datos e notas que consideres oportuno nas fiestras Paquete e Metadatos que están dentro da pestana Propiedades.
Garda o teu traballo e expórtao en formato SCORM 1.2 para poder subilo como recurso educativo á plataforma Moodle de Platega.