Sitio web
Este formato de exportación oferta dúas posibilidades alternativas:
-
Cartafol independente: Exporta o recurso como se fora un sitio web completo almacenando todos os seus compoñentes nun cartafol, cun arquivo de lanzamento do recurso que é un index.htm, co que podemos abrir e utilizar o noso traballo en calquera navegador. A secuencia para exportar a este formato é a seguinte: Arquivo > Exportar > Sitio web > Cartafol independente.
-
Arquivo comprimido: É o mesmo que o cartafol independente, pero comprimido en formato zip para facilitar a súa distribución a un sitio web ou a un LMS como Moodle. A secuencia de exportación é a seguinte: Arquivo > Exportar > Sitio web > Arquivo comprimido.