8. Exportar o noso traballo
eXe-learning garda por defecto os traballos que realizamos en formato .elp, un formato que só vale para traballar con esta aplicación. Pero como o obxectivo é publicar o noso recurso, eXe proporciónanos varios formatos para exportar e, xa que logo, publicar o noso traballo xa sexa en internet ou xa sexa nunha plataforma LMS como Moodle.
Desde hai xa varios anos veñen utilizándose no contexto da web 2.0. Sistemas de Xestión da Aprendixaxe ou LMS (Learning Management System) para vehicular procesos de ensino-aprendizaxe no contexto das novas tecnoloxías. Así, un LMS permite a publicación e o acceso aos contidos educativos, pero tamén a xestión dos recursos e a comunicación entre os axentes que operan con eles, fundamentalmente alumnos e profesores.
- SCORM 1.2
- Paquete do contido IMS
- Sitio web
- Páxina soa
- Arquivo de texto
- Notas para iPod
- Commond Cartridge