Organizar os contidos

En eXe-Learning os contidos estructúranse na fiestra Resumo, que se localiza na área superior esquerda, debaixo da barra de menús do programa. Nesta fiestra, a partir do nodo Inicio iremos construíndo o noso índice de contidos, tendo en conta que cada vez que engadimos un apartado ou un subpartado do noso recurso estamos a crear unha páxina para a categoría creada. Deste xeito, da páxina Inicio penduran os demáis apartados que constitúen as unidades de contido mediante a taxonomía que teñamos definida na pestana Propiedades, e que por defecto organiza a árbore en tres niveis: tema, sección e unidade. A páxina Inicio pode renomearse pero non borrarse.
Na parte superior da fiestra Resumo temos tres botóns que nos van servir para estructurar a xerarquía da nosa Unidade Didáctica.
Engadir apartados
Para engadir un apartado ou nodo, pinchamos sobre o nodo pai, sexa Inicio ou calquera outro que teñamos creado. Despois, prememos o botón , e así xeraremos un nodo fillo. Este pode convertise, á súa vez, nun nodo pai, e engadir outros nodos a maiores que se crean do mesmo xeito.
Eliminar apartados
Para eliminar un apartado abonda con pinchar sobre el e premer o botón correspondente. O programa preguntaranos se estamos de acordo con eliminar o nodo, co que só teremos que facer clic en Aceptar.
Renomear apartados
Para cambiarlle o nome a un apartado podemos proceder de dúas formas:
  • Facer dobre clic sobre sobre o nodo que queremos renomear. Aparecerá un cadro de diálogo pedíndonos que se introduza o novo nome, co que só teremos que escribilo e pinchar en Aceptar.
  • Tamén podemos usar o botón que se localiza na parte superior dereita do panel e repetir os pasos sinalados no apartado anterior.
Cambiar a xerarquía dun apartado
Logo de seleccionar un nodo pinchando sobre el, premendo nos botóns e poderemos subir ou baixar o rango dun nodo, segundo desexemos.
Ordenar os apartados
Cos botóns e podemos subir ou baixar a posición do noso nodo dentro do nivel no que se atopa.