5. Árbore de contidos
eXe-Learning permítenos organizar os contidos de forma estructurada e xerarquizada.
Na caixa superior da barra lateral esquerda do programa é onde iremos plasmando a estructura do noso proxecto, estructura que se organiza en forma de árbore de contidos.
Xá que logo, a árbore de contidos dispoñerase, por lóxica, en apartados, subapartados, etc.
Por exemplo:
No exemplo da dereita podemos ver como se artellan os distintos apartados e niveis na árbore de contidos da fiestra Resumo dun proxecto.
Se a árbore de contidos está ben estructurada, a creación de contidos será moito máis doada.