Combinación de paquetes

eXelearning permítenos inserir un paquete que xa estea feito no apartado ou nodo que elixamos do paquete no que esteamos a traballar, así como exportar como un paquete eXe independente un ou varios nodos do paquete actual. Isto danos a posibilidade de combinar paquetes ou nodos de paquetes de forma modular:
  • Inserir un paquete no paquete actual: seleccionamos o apartado no que queremos inserir este paquete. Despois imos a Ficheiro > Unir > Inserir paquete. Na fiestra que aparece, localizaremos e seleccionaremos o arquivo que queremos inserir pinchando en Abrir, e o proxecto quedará inserido como nodo fillo do nodo que tiñamos seleccionado.
  • Extraer un paquete. Para extraer un ou máis nodos dun proxecto, iremos á fiestra Resumo e, mantendo a tecla Ctrl pulsada, pincharemos sobre os nodos que queiramos extraer. Despois renomearemos o novo paquete sinalándolle o lugar de extracción, e traballo rematado.

Estas dúas opcións tamén podemos levalas a cabo seleccionando o apartado no que desexamos facer a operación de extración ou inserción co botón dereito do rato e elixindo a opción desexada.