Pestana Paquete

Xa que logo, a sección de Propiedades ven a ser como o DNI do noso proxecto, xa que os datos que consignamos nesta sección recoñécense por parte das plataformas educativas, permitíndonos rexistrar os datos xerais sobre o noso traballo: Título, Autor e Descrición. Tamén podemos personalizar a taxonomía que nos oferta por defecto eXe para estruturar os diferentes apartados ou niveis dentro do recurso.

 

Podemos introducir un título ou unha imaxe que aparecerán na parte superior esquerda das nosas páxinas; debemos elixir unha das dúas opcións (título ou imaxe) porque hai perigo de superposición entre elas. A opción de colocar en mosaico a imaxe de fondo permite crear un reberete horizontal coa repetición da imaxe escollida.

 

Pestana de propiedades