3. O contorno de eXe
Cando executamos eXe aparécenos a seguinte interface:
Como se pode apreciar, temos douss espazos:
- A barra de ferramentas: desde aquí poderemos xestionar os proxectos, así como as follas de estilo.
- O espazo de autoría, que á súa vez consta de dúas áreas:
- A barra lateral esquerda, que conta asemade con dous espazos:
- A ábore de contidos: un proxecto non é máis que un conxunto de páxinas organizadas como unha árbore de contidos. Desde aquí, o que estamos a establecer é a xerarquía do sitio (menú de navegación).
- A área de Ferramentas de Edición (Idevices): contén as ferramentas pedagóxicas que nos axudarán a elaborar os nosos contidos.
- A área de traballo do editor: Nesta área é onde inseriremos os contidos.
- A barra lateral esquerda, que conta asemade con dous espazos: